Wednesday 08 de May de 2024

A Xunta certifica que 5 praias de Bergantiños e costa da morte están incluidas este ano na Rede de Praias sen Fume


O concello de Corcubión renova este ano a categoría ORO, xa que todos os seus areais do censo oficial están libres de fume este verán e Camariñas entra nesta rede por primeira vez con dous areais

A Xunta informa que as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte terá incluídas, este verán 5 areais formando para da Rede de Praias sen Fume. Como principal novidade este ano Camariñas se incorpora a este rede con dous areais e o concello de Corcubión manterá a súa categoría de ORO por propoñer que todas as súas praias, incluídas no censo oficial, formen parte desta rede. Este municipio, xunto con Rianxo, son os únicos que logran a máxima categoría no verán do 2018.

A rede de Praias sen Fume parte da premisa da Consellería de Sanidade que, a sabendas de que o consumo de tabaco e a primeira causa de morbilidade e de mortalidade evitable, plantexa que non fumar na praia é un paso máis para conseguir unha sociedade sen tabaco para todos e entre todos.

O Programa Galego de Promoción dunha Vida Sen Tabaco, da Dirección Xeral de Saúde Pública, recolle esta iniciativa co fin de estendela por todo o litoral galego, creando a Rede Galega de Praias sen Fume. Os obxectivos son promover unha vida sen tabaco, desnormalizar o consumo do tabaco na sociedade, reforzar o papel modélico-positivo dos pais e nais e promover praias que respecten e coiden o medio ambiente.

Para o período estival deste ano 2018 están adscritos e confirmados ao programa 5 praias da comarca de Bergantiños-Costa da Morte (Quenxe e Santa Isabel en Corcubión; A Cruz en Muxía e Arou e Lingunde en Camariñas).

As praias sen fume invitan a absterse de fumar aos usuarios do areal, coa excepción dos espazos ao aire libre que se atopan nos locais de hostalería de cada un deles.

Ovidio Rodeiro destacou o “enorme valor natural, paisaxístico e ecolóxico das praias da provincia” e aproveitou a ocasión para agradecer a todos os concellos “o esforzo que están a facer por coidar e potenciar as súas zonas turísticas”. Felicitou tamén a Camariñas por dar “o paso adiante de eliminar os malos fumes dos seus areais” e a Corcubión por continuar mantendo a categoría ORO tamén este ano. Lembrou que as cabichas tardan dez anos en degradarse no mar, máis tempo se se acumulan na área, e levan a pegada dos miles de compoñentes químicos que conteñen, tales como a nicotina ou o alcatrán, tamén tóxicos para a vida mariña.